No mundo coworking e no emprendemento creativo, moitas veces poñemos o foco nas ferramentas, nas metodoloxías ou nas técnicas para xestionar mellor o tempo e os recursos. Mais, ¿que pasa coas relacións humanas que sosteñen os proxectos?
Hoxe queremos poñer o centro nun valor tan esencial como invisible: a confianza. Sen ela, non hai colaboración real. Con ela, todo é posible. No Coworking Miño, onde as sinerxías entre coworkers xorden a diario, cultivar a confianza é máis ca unha actitude: é unha práctica consciente que se aprende e se coida.
Que é a confianza e por que é tan importante?
A confianza non é algo que simplemente “se ten” ou “non se ten”. É unha construción mutua baseada en:
- Coherencia entre o que dicimos e facemos.
- Transparencia nas intencións e acordos.
- Capacidade de sosterse mutuamente en momentos clave.
No contexto profesional, confiar implica:
- Sentirse seguro/a para compartir ideas sen medo ao xuízo.
- Saber que a outra persoa vai cumprir cos seus compromisos.
- Ter marxe para equivocarse sen medo ao rexeitamento.
Confianza coma clave nun coworking?
Colaboracións reais
Moitas das mellores ideas nacen de conversas informais ou encontros espontáneos. Mais para dar o paso de compartir unha proposta ou iniciar un proxecto xunto a alguén, fai falta confianza.
Facilita a resolución de conflitos
Cando existe unha base de confianza, os desacordos manéxanse con máis calma e apertura. Hai vontade de entender e de resolver.
Mellora a comunicación e a creatividade
Un ambiente onde te sentes seguro/a permite que flúa o diálogo honesto, se compartan opinións diversas e se constrúan solucións innovadoras.
Como se constrúe (e mantén) a confianza no día a día?
1. Coherencia
Cumpre o que prometes. Se te comprometes a entregar algo nun prazo, faino. Se non podes, comunícalo a tempo. A confianza fórmase a través de pequenos xestos repetidos.
2. Transparencia
Expón con claridade o que esperas, o que necesitas e o que non podes ofrecer. Iso evita malentendidos e expectativas non realistas.
3. Vulnerabilidade compartida
Atreverse a dicir “non sei”, “necesito axuda” ou “cometín un erro” é un acto de liderado que xera conexión real.
4. Recoñecemento mutuo
Valora o traballo e a dedicación da outra persoa. A confianza aliméntase de pequenos recoñecementos sinceros e específicos.
Exemplos no Coworking Miño
Caso 1: Comezar un proxecto con alguén do espazo
Imos imaxinar que dúas persoas do coworking coinciden varias veces na cociña e descobren que comparten interese polo deseño sostible. Un día, unha delas propón facer unha campaña xuntas. Grazas a meses de interacción amable e coherente, a proposta acóllese con apertura e confianza, sen desconfianza e con ánimo de levar a cabo un proxecto apaixonante para dous coworkers que comparten espazo.
Como fomentar unha cultura de confianza no coworking?
- Crear espazos para coñecerse máis alá do traballo: cafés, xuntanzas informais, actividades colaborativas.
- Promover a escóita sen xuízos.
- Dar exemplos de vulnerabilidade e transparencia dende a coordinación do espazo.
- Visibilizar os proxectos que naceron da colaboración, para inspirar a outras persoas.
A confianza non se esixe, constrúese
Na vida profesional, como na persoal, confiar é un acto valente e optimista. É abrirse á posibilidade de ser defraudado/a, pero tamén á posibilidade de crear algo marabilloso xunto a outras persoas que sinten ou perciben a realidade de forma parecida a nos.
No Coworking Miño queremos cultivar valores comunitarios e de colaboración. Porque só nun clima de confianza poden xurdir os proxectos colectivos máis auténticos, humanos e transformadores.