COWORKING MIÑO
Un espazo de traballo para empresas e profesionais
Coworking Miño
Espazo de traballo público
para mentes inquedas
Apoiamos iniciativas emprendedoras locais
Impulsar
Impulsamos novos proxectos
Apoiar
Apoiamos nos teus primeiros pasos
Cooperar
Cooperamos para chegar antes a meta e aprender xuntos
Crecendo xuntos
Tes unha idea de negocio ou un proxecto en crecemento?
No Coworking Miño buscamos persoas coma ti, emprendedoras e con ganas de mellorar, con gañas de facer cousas doutro xeito.
Espazo colaborativo
Leva o teu proxecto ao seguinte nivel
Non hai mellor forma de impulsar o teu crecemento que traballar man a man con profesionais curiosos e innovadores de diversos sectores. Atréveste a formar parte dun ecosistema de innovación constante?
Únete!
Quen pode formar parte deste espazo?
Apoiamos ao emprendemento local facilitando un espazo onde compartir dúbidas e medrar xuntos
Freelancers e persoas emprendedoras
Ti e o teu proxecto sodes benvidos se estades a traballar nunha nova idea de negocio non constituida legalmente
Novas empresas
Empresas e profesionais con inicio de actividade recente (iniciada nos últimos 5 anos)
Usuarios puntuais
Se precisas o espazo para unha actividade relacionada co emprendemento ou coa túa actividade empresarial e estás empadronado en Miño.
Emprendendo
Fases do servizo
Apoiamos a iniciativas emprendedoras locais en calquer etapa
Fase Preincubación
Proxectos nos seus primeros pasos e aínda sen constituir legalmente
Fase Incubación
Proxectos botados a andar, xa constituidos legalmente pero con menos de 5 anos de vida
FAQs
Dúbidas frecuentes
Hai tres tipoloxías de usuarios do coworking:
- Personas emprendedoras, aquelas persoas que de forma individual ou en grupo, estean a traballar nunha idea/ proxecto e vaian a crear unha empresa (autónomo, coopetativa, sociedade mercantil,…). Este tipo de usuarios/as considéranse en fase de preincubación.
- Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que non conten cunha antigüidade superior a cinco anos de exercicio empresarial, a contar desde a data de rexistro da empresa, e precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia. Este tipo de beneficiarios considéranse en fase de incubación.
- Usuarios/as puntuais, aquelas persoas físicas ou xurídicas que de xeito esporádico e puntual, soliciten a utilización dun posto de traballo ou a aula de formación/eventos das instalacións para actuacións vinculadas co emprendemento ou a actividade empresarial que desenvolvan. De xeito extraordinario serán persoas usuarias puntuais aquelas persoas traballadoras con domicilio en Miño que traballen a distancia e se incorporen o banco de tempo.
Dende o 22/09/2023 están publicadas as INSTRUCCIONS DE ACCESO DO BOP PARA O COWORKING DE MIÑO
Nas mesmas verás en detalle información sobre os requisitos a cumprir.
As persoas interesadas, deberán presentar a súa solicitude a través da Sede Electrónica do Concello de Miño.
Podes acceder ao formulario de solicitude específico para coworking Miño a través desta ligazón acceso).
Cada proxecto poderá ter un máximo de 3 postos de traballo asignados.
Por suposto, o espazo conta con servizos como internet de alta velocidade por cable e wifi, sala de conferencias, espazo de formación. Ademáis de impresora, calefacción e recollida de lixos.
Forma parte da nosa comunidade!
"*" indicates required fields
Responsable do tratamento:
Concello de Miño
Finalidade do tratamento:
Responder aos mensaxes que nos envíes.
Lexitimación:
Consentimento do usuario.
Dereitos:
Para exercer teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, olvido, portabilidade e limitación envía unha email a coworking@concellodemino.gal
Máis información:
Visita a nosa política de privacidade.
Últimos artigos

A importancia das primeiras decisións cando unha idea empeza a converterse nun proxecto
O momento no que unha idea deixa de ser só unha idea Toda iniciativa comeza cunha intuición. Pode ser unha necesidade detectada no entorno, unha

A importancia de ter referentes profesionais próximos para animarse a emprender
Cando emprender parece algo que sempre pasa noutro lugar Moitas veces, cando se fala de emprendemento, a imaxe que chega é afastada. Grandes empresas, historias

Novas formas de arraigar talento sen depender das grandes cidades
O talento xa non vive nun único lugar Durante moito tempo, a idea de desenvolver unha carreira profesional parecía estar ligada ás grandes cidades. Alí

A importancia de visibilizar proxectos locais para inspirar novas iniciativas
Cando un proxecto local se ve, tamén abre camiño Nun concello pequeno, moitos proxectos nacen de forma discreta. Comezan cunha idea, cun servizo, cunha actividade

A soidade profesional no emprendemento e como combatela sen perder autonomía
Traballar por conta propia non debería significar traballar en illamento Emprender ou traballar por conta propia adoita asociarse coa liberdade: decidir horarios, escoller proxectos, organizar

Teletraballo con límites reais: como organizarse para non acabar traballando sempre
Cando o traballo se mete na vida sen facer ruído Teletraballar ten moitas vantaxes, pero tamén unha trampa silenciosa: a falta de fronteiras. Ao non

