O mar como inspiración para emprender de forma sostible
Inspírate co mar en Miño, coa súa conexión directa co mar e a súa riqueza natural. É o escenario perfecto para negocios comprometidos co medio ambiente. Porque non, a sostibilidade non é só unha tendencia, é unha necesidade que atrae cada vez máis a clientes conscientes.
Proxectos sostibles?
Exemplos de proxectos locais que cremos que poderían enriquecer Miño con inspiración no mar:
- Proxectos baseados na economía azul, como a revalorización de residuos mariños.
- Iniciativas de turismo sostible que mostran a beleza de Miño respectando o seu contorno.
Coworking Miño promove estas ideas, proporcionando un espazo. Un espazo inspirado polo mar que apoia a creatividade e o impacto positivo cunhas vistas á ría, dende logo, privilexiadas.
Recursos para integrar a sostibilidade no teu negocio
Se estás iniciando un proxecto, aproveita as axudas dispoñibles en Galicia este 2025:
- Programas de economía circular: Apoio a empresas que reutilizan recursos e reducen a súa pegada de carbono.
- Subvencións para negocios sostibles: Axudas para implementar procesos máis respectuosos co medio ambiente.
O papel do GALP en Miño
Miño é un exemplo perfecto de como os proxectos locais poden aliñarse cos obxectivos globais de sostibilidade e desenvolvemento económico. Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) ofrecen un marco idóneo para impulsar iniciativas innovadoras, especialmente aquelas vinculadas ao aproveitamento do patrimonio mariño e ambiental.
Os GALP céntranse en:
- Promover o emprego e a igualdade: Fomentan a creación de postos de traballo, a integración das mulleres no sector e a atracción de persoas mozas cara ao territorio.
- Diversificar a economía local: Apoian a economía azul, incentivando proxectos innovadores que conecten o sector pesqueiro co turismo, a formación e novas oportunidades económicas.
- Aproveitar o patrimonio natural e cultural: O enfoque sostible é esencial, incluíndo iniciativas que preserven o medio ambiente, mitiguen o cambio climático e poñan en valor a cultura pesqueira e mariña.
Desde o Coworking Miño, estas prioridades encaixan perfectamente co espírito de colaboración e innovación que define o espazo. A promoción de proxectos que vinculen o mar e o emprendemento pode beneficiarse das subvencións e apoios dos GALP, converténdose nun motor de transformación para Miño e a súa contorna.
Procedemento e información adicional
Para máis detalles sobre os proxectos subvencionables e o proceso de solicitude, podes consultar a súa WEB ou pasarte polas oficinas na planta baixa, no mesmo edifico que o noso Coworking, na rúa Curro 33 en Miño.