Celebrarase o vindeiro venres 21 de febreiro de 17:00 a 19:00 horas na Aula de Formación do Coworking Miño.
Esta iniciativa busca ofrecer un espazo de reflexión e apoio para emprendedores, abordando aspectos fundamentais como a estratexia, a conciliación e o traballo en equipo.
Unha xornada de aprendizaxe e colaboración
O evento iniciarase cunha sesión de presentación e posteriormente, desenvolverase unhas actividades dinámicas para tratar dous temas moi importantes: a conciliación e o emprendemento.
Tamén se tratará o tema dos bloqueos e dificultades que poden atopar os emprendedores, permitindo que os asistentes expoñan os seus maiores desafíos e procuren solucións de forma colaborativa. Ademais, a xornada contará cunha dinámica especial organizada por Isa, do equipo Laura Familias.
Peche cun espazo para o networking
O evento concluirá cun coloquio e un pequeno tentempié da man de Sal Pementa, facilitando un espazo distendido para intercambiar ideas e crear contactos.
Os asistentes poderán levar material informativo sobre os seus emprendementos para compartilo cos demais participantes. Ademais, o evento está aberto a todo tipo de público, incluídos os máis pequenos, promovendo un ambiente accesible e inclusivo.
Inscrición e máis información
Para participar en “Equilibra o teu emprendemento”, os interesados poden inscribirse a través do código QR dispoñible no cartel do evento ou a través deste enlace que deixamos xusto aquí:
Esta iniciativa conta coa colaboración de Sal Pementa e Laura Familias, e está organizada por Esperanza Vázquez Dopico (Arrumar) e Paula García Otero. Ademais, conta co apoio do Concello de Miño e da Rede Provincial de Espazos de Traballo e da Deputación da Coruña.
Non perdas esta oportunidade para mellorar a túa estratexia emprendedora e conectar con outros profesionais nun espazo inspirador