No mundo do emprendemento, unha boa idea non chega por si soa ao éxito: precisa planificación, organización e comunicación efectiva. Un proxecto, por pequeno que sexa, implica tomar decisións, coordinar persoas, controlar prazos e xestionar recursos.
Se non planificas ben, corres o risco de caer en agobios de última hora, gastos innecesarios ou problemas de coordinación. Neste artigo imos ver como evitar iso e como planificar con cabeza e tranquilidade.
1. Define claramente o obxectivo
Antes de poñerte mans á obra, pregunta:
- Que quero conseguir exactamente?
- En que prazo?
- Que impacto busco (económico, social, de marca…)?
- Como vou medir o éxito?
Un obxectivo claro será a túa brúxula. Sen el, o proxecto pode irse desviando sen darte conta.
2. Divide o proxecto en fases
É máis doado avanzar paso a paso que tentar facelo todo á vez.
- Fase 1: Preparación e investigación.
- Fase 2: Execución das tarefas principais.
- Fase 3: Revisión e axustes.
- Fase 4: Peche e avaliación final.
Pensa en cada fase como un pequeno proxecto dentro do proxecto xeral.
🧩 3. Identifica os recursos necesarios
Fala de todo o que vas precisar desde o inicio:
- Materiais e ferramentas.
- Persoas e roles.
- Servizos externos.
- Orzamento dispoñible.
💡 Truco: fai unha lista de provedores de confianza e establece contacto con eles antes de precisar nada. Isto evita ter que facer gastos maiores por compras de última hora.
4. Comunica de forma clara coas persoas implicadas
- Establece canles de comunicación desde o primeiro día (email, whatsapp, reunións rápidas: pero todo isto fixando datas límite).
- Define quen toma decisións e quen debe estar informado.
- Documenta acordos e tarefas para evitar malentendidos.
5. Organiza o tempo para evitar agobios
- Usa ferramentas de planificación (Trello, Notion, Google Calendar).
- Marca datas realistas e deixa sempre marxe de seguridade.
- Evita sobrecargar a mesma semana con tarefas críticas.
6. Xestiona os recursos e o orzamento con tranquilidade
- Compra ou contrata con antelación para evitar prezos máis altos.
- Se podes, ten sempre un plan B para provedores ou materiais.
- Controla o gasto en tempo real, non ao final.
7. Avalía e aprende para o seguinte
Cando remates, dedica tempo a revisar:
- Que funcionou ben.
- Que se pode mellorar.
- Que recursos quedaron sobrantes ou faltaron.
Cada proxecto é tamén unha oportunidade para mellorar a túa maneira de traballar.
Planificar un proxecto é como trazar un mapa antes de emprender unha viaxe. Canto mellor debuxes o camiño, menos sorpresas desagradables atoparás, máis disfrutarás do percorrido e mellor chegarás á meta.
No Coworking Miño estamos para acompañarte en cada fase: desde a idea inicial ata a celebración final. Aquí atoparás apoio, espazo e unha comunidade que tamén sabe o valor de planificar con sentido.
📍 Planifica ben hoxe para traballar con calma mañá.