Pasos para realizar a túa solicitude de acceso ao Coworking Miño
Información sobre o Espazo
O Coworking Miño está destinado a persoas físicas ou xurídicas cun proxecto empresarial en fase idea o recentemente constituido, sendo posible solicitar ata 3 prazas por proxecto.
Os solicitantes agrúpanse en tres tipoloxías:
- Persoas emprendedoras, aquelas persoas que de forma individual ou en grupo, estean a traballar nunha idea/ proxecto e vaian a crear unha empresa (autónomo, coopetativa, sociedade mercantil,…). Este tipo de usuarios/as considéranse en fase de preincubación.
- Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que non conten cunha antigüidade superior a cinco anos de exercicio empresarial, a contar desde a data de rexistro da empresa, e precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia. Este tipo de beneficiarios considéranse en fase de incubación.
- Usuarios/as puntuais, aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual soliciten a utilización da aula de formación/eventos das instalacións para actuacións vinculadas co emprendemento ou a actividade empresarial que desenvolvan.
Terán prioridade de acceso os proxectos que pertenzan a sectores relacionados coa tecnoloxía e o audiovisual.
Pasos a dar para acceder ao Espazo
Unha vez teñas claro dentro de qué categoría de usuario te atopas, só queda poñerse en marcha e ir cumprindo os seguintes pasos:
Paso 1- Obter o certificado dixital
Se xa tes certificado dixital, vai ao paso 2. Se non contas con certificado dixital, accede á paxina web da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre dende Internet Explorer e obtén o certificado software seguindo os pasos que che indican dende a FNMT. Vas a precisalo para poder realizar a firma e presentación da solicitude de acceso ao Espazo.
Paso 2- Autofirma
Se xa contas coa aplicación Autofirma instalada, podes ir ao paso 3. Se non a tes, cómpre que a instales.
Descarga a aplicación AUTOFIRMA no teu dispositivo de elección para realizar o trámite de solicitude na Sede Electrónica do Concello.
Paso 3- Cumplimentar documentación anexa á solicitude
Antes de comezar a solicitude mediante a Sede Electrónica, recomendámoste que chames fales con Ángeles, a AEDL do Concello de Miño, podes poñerte en contacto a través do tlf do Concello: 981 78 20 06 , e recorda que deberás entregar ao final da solicitude os seguintes documentos cubertos: modelo de negocio, modelo de estudo económico.
Utiliza estas plantillas para realizar os documentos:
Paso 4- Presentación de solicitude de acceso ao Espazo mediante a Sede Electrónica
Unha vez teñas todos os documentos cubertos, podes proceder a realizar a túa solicitude na Sede Electrónica do Concello.
Deixamosche o enlace directo aquí:
https://sede.concellodemino.gal/sxc/es/procedimientosytramites/tramites/SolicitudGeneral_N
E unha vez me aproban a solicitude... qué teño que facer?
Indicaremosche os seguintes pasos a seguir dende o equipo de xestión do Coworking Miño 😉